Illa de Arousa

"Descobre un paríaso". Atópase no corazón da ría do mesmo nome. Enlaza co continente por medio dunha ponte de case dous quilómetros de longo (un dos máis longos de España). A Unión Europea declarouna Reserva Natural grazas aos seus 36 quilómetros de costa, dos que once son de praia, con area fina e branca. Os lugares de maior interese son: o Faro de Punta Cabalo , Illote Areoso (próxima á illa de Arousa) e o Parque natural de Carreirón, catalogado como zona de especial protección para as aves pola poboacións de garza real, entre outras, que habitan na illa. O porto máis importante é o Porto de Xufre e os peiraos de Campo e Cabodeiro. O punto máis alto da illa é o Miradoiro O Con do Forno desde onde se pode contemplar o pobo e a súa actividade turística e comercial, así como a beleza da paraxe.

Videos