Illa de Ons

Pola súa riqueza natural e paisaxística, a Illa de Ons é unha das compoñentes, xunto á de Cies, Sálvora e Cortegada do Parque Natural das Illas Atlánticas, primeiro Parque Nacional de Galicia. Pero Ons posúe tamén unhas características socio-histórico-etnográficas que xunto coa súa arquitectura popular mariñeira e a súa excelente gastronomía, convértena na Illa máis interesante, non só do parque nacional senón de toda a costa peninsular española.
É visita de culto pola súa singular beleza, as súas fermosas praias e a súa abrupta paisaxe. A parte máis occidental da illa, aberta ao oceano atlántico, ofrece ao visitante espectaculares cantiis

Videos