Illa de Sálvora

Pertence ao Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia, é a illa máis descoñecida do parque.
Situada na bocana da Ría de Arousa e rodeada de numerosos illotes, Sálvora alberga unha riqueza de flora e fauna conservada debido á escasa influencia que o home exerceu durante séculos. Destaca o seu carácter montesco, que alcanza no seu punto máis elevado os 71 m. e deixa ben claro que nun tempo moi distante estivo unida a terra. A costa accidentada e o continuo embate do mar impediron a formación de praias, pero as que hai, na cara interior, resgardadas e case virxes, son un lugar envexable para quen ande en busca de calma. Pode escoller entre a praia do Almacén ou Castelo. A paisaxe humanizada, ademais da aldea deserta, componse do embarcadoiro, á beira da praia do Almacén, do castelo do mesmo nome, da antiga cantina - agora capela -, do faro e da mítica escultura da sirena, á entrada do peirao. Os únicos habitantes das illas son cabalos salvaxes e cervos.

Videos