Ría de Aldán

Na Ria de Pontevedra atopamos a pequena ria de Aldan. Tamén vila mariñeira de gran beleza preto dela en Hío poderemos ver un dos mellores cruceiros do mundo realizado nunha soa peza por Jose Cerviño. Algúns mapas chaman "Ensenada" a esta dentada que pega o Atlántico á península de Morrazo, que separa as rías de Vigo e Pontevedra. Pero de ensenada, nada: aínda que quede encollida xunto a eses dous pesos pesados, a de Aldán é unha ría con todas as da lei. Unha versión en miniatura, si, pero con todo o necesario.
Aldán é un compendio abreviado da vexetación, a xeografía, a arquitectura e os costumes dese micromundo fascinante que é esta parte da costa galega. E conservado case intacto, como por milagre: Ao longo dos seus 4 km sucede varias das mellores e máis reputadas praias da comarca.

Videos