Vigo-Cies-Vigo
Ruta guiada con biólogo mariño que informará das actuacións a seguir nas Illas Cies para que a nosa presenza cause o menor impacto ambiental posible sobre as mesmas. Poñerase especial atención na xeración de residuos e o medio mariño, por exemplo adoptaranse as seguintes medidas:
- Recoller e depositar os papeis e residuos nos colectores do lixo habilitadas, evitará que o vento os disperse.
- Manter a area e as rochas limpas de todo tipo de restos.
- De comer na praia, recoller os restos de comida.
- Evitar as accións que deterioran a calidade do auga.
- Na beira e ao bañarse, deberase respectar a fauna e a flora.
- Ao se mergullar, coidar do medio mariño.
No parque nacional dispoñeremos, a parte do noso guía, dun guía do propio parque nacional das illas atlánticas para coñecer os segredos do parque e unha das mellores praias do mundo así como a fauna e flora que nas Illas Cíes podemos atopar.
Con respecto á fauna, as illas albergan unha das colonias máis numerosas de Gaivota Patimarela de Europa, a máis nutrida de España de Corvo Mariño Cristado, as parellas pioneiras de Gaivota Escuras, e cos últimos especimenes sedentarios de Arao dos Cons moi abundante outrora pero hoxe en día case extinguida tanto nas Illas Cíes como na propia Illa de Ons. Isto é debido a que é unha especie sumamente sensible e non soporta ser molestada ou asustada durante a cría, polo que adoita abandonar a miúdo os seus pitiños e son moi hipersensibles á contaminación mariña. Por iso o importante das explicacións do noso guía en relación ás medidas a adoptar para a súa protección e conservación. Existen varias casetas de observación, desde as cales poderemos contemplar esta incrible fauna.
A flora predominante entre outras especies son o Piñeiro e o Eucalipto. Entre os arbustos predominan o Toxo, a Xara e a Silveira. De todas as plantas, a máis importantes son as que se dan en dunas e acantilados, xa que son as plantas pioneras e de maior valor debido a que únicamente danse neste medio e son moi escasas. En todo momento faremos caso das indicacións do noso guía para a preservación da flora das dunas, tomando medidas básicas como transitar únicamente polo perímetro e pasarelas deliminatas para ese efecto.
Cando as condicións meteorolóxicas nolo permítan, procederase a Navegación a Vela xa que no mundo presente, onde a gran maioría das cousas móvense debido a queima de combustibles fósiles, sendo esta a principal causa do cambio climático, a enerxía eólica é unha alternativa ecolóxica e a navegación a vela unha actividade recreativa saudable e apaixonante.
Puntos de interese
Illas Cies
As Illas Cíes ou, como as chamaron os románs na súa época, Illas dos Deuses son un paraíso tanto para as aves que aniñan nos seus acantilados, como para as diversas especies que alí se atopan, pero además o son para o...
Aloxamento rural
Aloxamento recomendado en casas de turismo rural para esta ruta.
-
O Paxareco de Ay
Meis (Pontevedra) - Tel. +34 986715366 +34 692644422 info@opaxareco.com -
Casa Estarque
Gondomar (Pontevedra) - Tel. +34 986360114 casaestarque@casaestarque.com -
As Chivas
Redondela (Pontevedra) - Tel. +34 986496853 +34 619788115 casaruralaschivas@yahoo.es -
A Casa de María
Gondomar (Pontevedra) - Tel. +34 986360968, +34 605224451. acasademaria@yahoo.es -
Pazo da Touza
Nigrán (Pontevedra) - Tel. +34 986383047 +34 693613651 info@pazodatouza.info -
Casa San Lourenzo
Baiona (Pontevedra) - Tel. +34 986354599 info@casasanlourenzo.com